Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Recursos Naturais

recurso

Val de Lóuzara

O conxunto xeográfico de Lóuzara constitúe unha gran reserva natural para o municipio de Samos. Engaiola a atención do visitante pola súa accidentada orografía con altas montañas dende as que nacen múltiples regatos que logo regan os profundos vales. A explicación é a pouca evolución que tivo debido ao afastamento das restantes zonas do termo municipal e ao seu rudimentario sistema de comunicacións. Porén, nestes últimos anos lévanse realizando moitos esforzos para dotala de axeitadas comunicacións, que van logrando facer máis agradable e máis humana a vida dos seus moradores.