Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Monumentos

monumento

Mosteiro de Samos

Sitúase xunto ao río Sarria. Atrae a atención do visitante non só polas súas vastas proporcións, senón sobre todo polos sólidos edificios construídos con lousa a cara descuberta.

O Mosteiro de San Xulián é un edificio construído en distintos períodos, polo que presenta estruturas románicas, góticas, renacentistas e barrocas. De orixe moi antigo, foi fundado polo bispo lucense Ermefredo no S. VII. Posteriormente foi lugar de refuxio de Alfonso II o Casto. No S. XII incorpórase á disciplina cluniaciense . Exclaustrado en 1.835, foi volto a ocupar desde 1.891 ata a actualidade.

No século XVIII o mosteiro acada o seu maior auxe, cando pertence á Congregación de San Bieito de Valladolid.

Consta de tres naves separadas por grandes piares e dous claustros de dimensión desigual, unidos entre si: o máis grande o de Feixoo e o claustro gótico das Nereidas do século XVI; salienta a proporción e o equilibrio que convida ao acougo e á harmonía interior As estancias atópanse organizadas ao redor de dous claustros. O máis antigo de época gótica chamado das Nereidas pola fonte de estilo barroco, conserva unha portada románica, a súa construción prolongouse durante 20 anos (1562 - 1582). O segundo claustro, o claustro grande ou de Feijoo é de finais do s. XVII sendo o seu estilo de transición do renacemento ao barroco.

A igrexa de mediados do século XVIII, é de planta de cruz latina con tres naves. Na unión dos dous brazos érguese unha cúpula con casetones sobre un tambor. A fachada, precedida por unha elegante escaleira, non foi terminada.

O interior contén retablos de gran beleza realizados por Francisco de Moure e José Ferreiro.