Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Gastronomía

Restaurantes

Restaurante Victoria Rúa Salvador, 4 982546184
Mesón Pontenova Estrada Samos-Sarria,qm.10 982546003
Restaurante Paredes Paredes de Lóuzara,1 982546167
Restaurante Resco Avda. Generalísimo,34 982546038
A Veiga Estrada Samos-Sarria 982546052
Asador Gallo Rúa Salvador 982546153

A gastronomía de Samos é toda unha garantía pola singularidade característica de toda terra de montaña, polos ríos de primeira calidade e por asentarse na área dun mosteiro.

Os profisionais do gremio hosteleiro da capitalidade municipal só necesitaron toma-la determinación de usa-los produtos da terra e sacarlle pó as receitas da avoa. Dende hai uns anos a esta parte, apoderouse de Samos o feito do bó comer, e en troques de ser unha moda pasaxeira aséntase cada vez máis.

Nas viandas de Samos, como ocorre en todo banquete que se preste, predominan as carnes. Tenreiros de primerira calidade que dan os seus pastos dos vizosos vales. O porco, que ainda nestas terras de Lóuzara, Lourido, Estraxiz ou en toda a zona de Castroncán, críase con produtos tradicionais.

Pero, se cadra, o manxar máis demandado por aqueles que procuran a boa mesa e a tradición culinaria, atópase nos produtos dos nosos ríos: anguías e troitas. A forma da súa preparación é o que as distingue e arrastra os comensais a visitar Samos.

Ademáis salientan os establecementos hosteleiros de Samos pola súa excelente pastelaría, da cal segue a predominar esa fabricación artesá dos biscoitos de Manjarín que saíron do mosteiro ó amparo do mesmo hai máis de 250 anos. Logo, as artesás hosteleiras, as que precisamente logran ese milagro da gastronomía tradicional de Samos, abraian ó comensal coas cañas, os queixos, as tartas máis variadas, sempre coas materias primas da propia terra.