Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Nova

O Obradoiro de Artesanía no Camiño visita Samos.

Un programa de actividades itinerantes exhibe as técnicas de artesanía tradicional.

fotoO Obradoiro de Artesanía no Camiño, organizado pola empresa Vida Láctea, en colaboración co concello amosará en Samos diversas técnicas de traballo artesán. A devandita empresa, especializada en actividades de ocio na Ruta Xacobea, leva este taller ambulante polos concellos de paso do Camiño de Santiago, instruíndo a peregrinos e veciños nas labouras propias do antigos oficios.