Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Nova

O Proxectoterra visitará Samos, achegando os escolares á arquitectura.

O compromiso de concienciar ós xoves da importancia de cuida-lo noso entorno.

fotoEste proxecto posto en marcha polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co gallo de que os escolares tomen coñecemento da relevancia da arquitectura e contribúan a loitar contra o feismo urbanístico leva percorrido grande parte de Galicia dende a súa posta en marcha fai xa seis anos. Neste tempo miles de escolares achegáronse as nocións básicas sobre a arquitectura popular e contemporánea. Dentro das actividades que desenvolve este innovador proxecto figuran catro intercambios territoriais nos que os escolares galegos coñecerán unha aldea, unha parroquia, unha vila, unha cidade e un área metropolitana. Na próxima primaveira visitarán Allariz, a área metropolitana de Vigo e o percorrido do Camiño de Santiago entre O Cebreiro e Samos.