![]() |
![]() |

O CONCELLO
O Municipio
Qué Visitar
Menú
|
NovaProxecto Piloto Acceso a Internet - Sistema Wimax
O vindeiro sábado 17 de novembro, as 12:00, terá lugar no Mosteiro de Samos a presentación do Proxecto Piloto de Acceso a Internet mediante o Sistema Wimax.
O vindeiro sábado 17 de novembro, as 12:00, terá lugar no Mosteiro de Samos a presentación do Proxecto Piloto de Acceso a Internet mediante o Sistema Wimax. A implantación do citado sistema é consecuencia dun convenio asinado polo Concello de Samos coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural e os Concellos de Samos e Folgoso do Courel. Con esta iniciativa preténdese achegar as novas tecnoloxías ás zonas de montaña e aumentar os servizos dos que dispón a poboación. Ofrecerá Internet a particulares, permitirá a casas de turismo rural, asociacións ou industrias dispoñer de páxina web e as súas aplicacións alcanzan tamén outros servizos como incendios, terceira idade ou Camiño de Santiago. Así, o sistema poderíase aproveitar para a emisión de datos e localización de persoal na rede de vixilancia de incendios, para a localización e petición de axuda por parte de enfermos ou para a instalación de postos informativos no Camiño, explicou o xefe de Infraestruturas e Estruturas Agrarias da delegación de Medio Rural, Víctor Álvarez Arias. |