Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Nova

Axudas para transformación da radiación solar en enerxía eléctrica

 Axudas para instalacións que transforman a radiación solar en enerxía eléctrica, mediante paneis fotovoltaicos, para o seu consumo illado da rede de distribución, podendo contar o sistema con acumulación en baterías.


fotoOs beneficiarios destas axudas serán os particulares; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas o privadas sen personalidade; fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro; administracións públicas e empresas.
Requisitos:
Deberá xustificarse a utilización dunha instalación solar fotovoltaica illada pola imposibilidade de conexión á rede de distribución sen implantación de novas liñas eléctricas. Esta xustificación non será necesaria para instalacións demostrativas.
Os conceptos subvencionables abranguen o custo dos equipamentos e instalacións, módulos fotovoltaicos, baterías, reguladores, convertedores, tendidos eléctricos e conexións, así como obra civil asociada, dirección e enxeñaría de proxecto, posta en marcha e documentación técnica.
A contía máxima da subvención será do 50% do investimento, establecéndose unha axuda máxima de 9.000€ para instalacións sen acumulación de baterías, e de 12.000€ no caso de instalacións con acumulación de baterías.
Para máis información poden dirixirse o tfno: 600-45-72-65 ou ben no email: info@imasc.info