Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Nova

Axudas para instalacións solares térmicas

Axudas para  instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares

fotoOs beneficiarios destas axudas  serán os particulares; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas o privadas sen personalidade; fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro; administracións públicas e empresas.
Os conceptos subvencionables abranguen o  custo dos equipamentos e compoñentes que forman parte da instalación (captadores solares térmicos, acumuladores, intercambiadores de calor, bombas de circulación, tubos, válvulas e conexións, vasos de expansión, illamentos, sistema eléctrico e de control, equipamentos de medida e demais equipamentos secundarios), así como a montaxe e conexionado do conxunto, obra civil asociada, deseño de enxeñaría da instalación, dirección de obra e posta en marcha.
A contía máxima da subvención será do 37% do investimento, establecéndose unha axuda máxima de 60.000 €.
Para máis información poden dirixirse o tfno: 600-45-72-65 ou ben no email: info@imasc.info