Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Nova

Medio Rural deseña un plan piloto de Internet en Samos (El Progreso 13/03/07)

Inverterá 200.000 euros no proxecto, que afecta O Courel.
A instalación da infraestructura, con tecnoloxía Wimax, iniciarase no mes de maio.


fotoA Consellería de Medio Rural seleccionou o municipio de Samos para un plan piloto de Internet, nun proxecto pioneiro na provincia con tecnoloxía Wimax. Este departamento destina un presuposto de 200.000 euros á posta en marcha deste plan, que tamén se aplicará no concello de O Courel.
Con esta iniciativa preténdese achegar as novas tecnoloxías ás zonas de montaña e aumentar os servizos dos que dispón a poboación. Ofrecerá Internet a particulares, permitirá a casas de turismo rural, asociacións ou industrias dispoñer de páxina web e as súas aplicacións alcanzan tamén outros servizos como incendios, terceira idade ou Camiño de Santiago. Así, o sistema poderíase aproveitar para a emisión de datos e localización de persoal na rede de vixilancia de incendios, para a localización e petición de axuda por parte de enfermos ou para a instalación de postos informativos no Camiño, explicou o xefe de Infraestruturas e Estruturas Agrarias da delegación de Medio Rural, Víctor Álvarez Arias.
O plan piloto arrancará no mes de maio e está previsto que a última fase -centrada nos servizos á terceira idade- se desenvolva no ano 2009. Estímase que, nos dous municipios, uns cen internautas farán uso deste servizo, que incorpora a tecnoloxía Wimax, a Internet inarámica do futuro, con máis alcance que o sistema wi-fi (ata 70 quilómetros), máis sinxela e con menos custo.
A Xunta montará toda a instalación e o usuario só terá que dispoñer de ordenador e unha antena, a xeito de modem, cun custo duns 300 euros, subvencionada por medio Rural. O prezo da tarifa plana situarase nuns 25 euros mensuais e a Consellería organizará cursos de formación na materia. Industria tamén está disposta a implicarse no proxecto, con ideas como aulas telemáticas ou outras iniciativas que se perfilarán cos alcaldes.
O plan piloto de Internet será presentado o sábado por cargos de Medio Rural na escola de Barcia, en Navia de Suarna, ao tratarse dun proxecto incluído no plan Ancares-O Courel.