Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Parroquias

imagen

Carballo, San Xil de

24 habitantes agrupados nunha soa entidade de poboación.

Castroncán, Santa Marta de

85 habitantes distribuidos nas entidades de Castrocán, Empalme e Vilachá.

Couto, San Mamede de

77 habitantes, agrupados nas entidades de Brea, Froión, Lamas, Mauxar, Mesón, San Mamede, Val e Vilamelle. A igrexa parroquial construida en cachotaría de lousa, con cuberta a dúas augas, somentes conserva da súa orixe románica a porta principal, con arco de medio punto. Na entrada principal atópase o cabido que da acceso á igrexa. No interior conserva un interesante retablo barroco con columnas salomónicas e unha imaxe de San Mamede.

Estraxiz, Santiago de

80 habitantes, agrupados nas entidades de Estraxiz e Sivil. A igrexa parroquial, de orixe románica, foi reconstruida posteriormente. Posúe un retablo de estípites do século XIX, unha escultura da Virxe co Neno, do século XIV e unha figura de Cristo do século XV.

Formigueiros, Santiago de

58 habitantes agrupados nas entidades de Formigueiros e Sancobade. No lugar de Formigueiros atópase o castro do mesmo nome. Trátase dun xacemento con varias liñas defensivas, no que se teñen atopado vivendas de pranta cadrada construídas en lousa.

Freixo, San Silvestre de

38 habitantes distribuídos nas entidades de Balsa, Couso, Escanlar e Freixo. A igrexa parroquial, construída en cachotaría de lousa ten pranta rectangular e porta principal arqueada. O campanario, de dous vans, remata nun pequeño frontón. Ten cuberta a dúas augas de lousa. No interior destaca o retablo de estilo renacentista adicado a San Silvestre, e ornamentación barroca, con columnas salomónicas.

Frollais, San Miguel de

34 habitantes nas entidades de Frollais, Pedradades e A Ponte.

Gundriz, San Andrés de

88 habitantes, agrupados nas entidades de Carqueixeda, Gundríz, Ferrería, Portela e Santa Mariña. Ademáis da igrexa parroquial, de pranta rectangular e entrada porticada con cuberta a dúas augas, conta esta parroquia con catro ermitas adicadas a San Sidro, Santiago, Santa Cruz e á Transfiguración. Gundriz destaca pola súa arquitectura popular, con vivendas construídas en cachotaría de lousa.

Lousada, San Martiño de

75 habitantes distribuídos nas entidades de Fontearcuda, Gosende, Lousada e San Román. A igrexa parroquial de estilo románico, conta cunha soa nave rectangular, realizada en cachotaría, cuberta de lousa a dúas augas sobre madeira. A ábsida situada a menor altura presenta unha parte recta e outra semicircular. No interior conserva imaxes de San Román, San Xoán, e da Virxe. Na arquitectura civil destacar a Casa Pederlada, típica casa labrega con anexos para o gando e almacén de produtos agrícolas e aparellos de labranza. Construída en cachotaría de lousa, conta cun corredor que da acceso a vivenda e ao patio. No interior atopamos unha exposición de minerais da zona, pertencente ó propietario da casa.

Lóuzara, San Cristovo de

125 habitantes agrupados nas entidades de Airapadrón, Campos, Castrelo, Chaos, Chenlo, Frexulfe, Lampazas, Outomín, Quintá e San Cristovo. A igrexa parroquial de estilo barroco é de pranta rectangular, con tres naves separadas por arcos de medio punto. Construída en cachotaría de lousa, con cuberta a dúas augas. No interior posúe un interesante retablo renacentista do século XVI, realizado en madeira. Conta esta parroquia con outras relevantes manifestacións da arquitectura relixiosa, como son as capelas do Bon Xesús, Santa Bárbara e San Antón, e a capela de Chelo, de pranta rectangular, realizada en cachotaría, con fachada principal lisa, e cuberta a dúas augas. Tamén nesta parroquia atópase o antigo Priorato de Samos, dependente do Mosteiro de Samos. Trátase dun edificio de pranta rectangular, construído en cachotaría, con cuberta a dúas augas. Conserva varios balcóns en forxa de ferro, apesares do seu estado de abandono.

Lóuzara, San Xoán de

118 habitantes distribuídos nas entidades de Bustofrío, Locai, Paredes, Praducelo, Ponte, Requeixo, San Isidro, San Xoán, Trascastro, Vila do Castro e Vilela. Esta freguesía foi doada polo rei Ordoño ó mosteiro de Samos. A igrexa parroquial de pranta rectangular de tres naves está realizada en cachotaría. Na parte dianteira sitúase un patio co cemiterio. No interior conserva un retablo renacentista, datado no s.XVIII, de dous pisos, con escenas do nacemento e decapitación de San Xoán Bautista; pìnturas de San Bieito e Santa Escolástica e relevos de San Pedro e San Pablo. Conta ademáis con outros dous retablos renacentistas do s.XVI e dous barrocos do s. XVIII, nos que destacan as tallas de San Cristovo e San Sebastián. De relevancia tamén na arquitectura religiosa da parroquia son a ermida da Nosa Señora, en Bustofrío, a de San Antón, en Praducelo, e a de San Isidro, no lugar do mesmo nome. Son numerosos os vestixios arqueolóxicos atopados neste lugar, destacando os restos de medorras no monte de O Castro en Bustofrío, e os xacemento castreños de San Xoán e Trascastro.

Montán, Santa María de

43 habitantes, agrupados nunha soa entidade. O templo parroquial, de orixe románico, construído con muros de mampostería, sofreí varias reformas. O acceso á igrexa conta cun pequeño cabido con cuberta de lousa a tres augas. No interior destacar a gran altura da nave, e conserva un retablo neoclásico con tallas do s.XIX.

Pascais, Santa Baia de

63 habitantes agrupados nas entidades de Arroxo, Gontán, Grolfe, Pascais, Teiguín e Vao. Esta parroquia foi doada ó mosteiro de Samos, no ano 1098, por Pedro García. A igrexa parroquial conserva da súa orixe románica a ábsida e o lateral norte con porta de arco de medio punto. No interior conserva un retablo barroco, destacan as imaxes de Santa Baia, Inmaculada, San Pedro e San Bieito.

Real, San Cristovo do

116 habitantes distribuidos nas entidades de Abradelo, Covallo, Lusío, Nande, Reigosa, Sampaio, e San Cristovo. Temos referencia documental desta parroquia nunha bula papal do ano 1175, na que figura esta freguesía entre os dominios da abadía de Samos. De interese nesta parroquia atopamos o Pazo de Lusío, fundado no ano 1551 por Lope Vázquez de Vilamexe, e os restos dunha antiga ferraría que pertenceu a mesma casa, e de onde proceden as reixas da catedral de Lugo. O Pazo ou Casa Grande de Lusío atópase nun alto onde se pode disfrutar dunha bela paisaxe. Trátase dunha edificación de dúas prantas cunha torre de pedra e cornisa moldeada en toda a fachada. De interese tamén un antigo muíño de auga no río Oribio, ben conservado.

Real, San Martiño do

52 habitantes agrupados nas entidades de San Martiño e Vilar. A igrexa parroquial pertence o románico rural, construída en mampostería, apenas presenta decoración. A nave é de pranta rectagular, cun cabido na entrada.

Reiriz, Santo Estevo de

91 habitantes distribuidos nas entidades de Aián e Reiriz. O templo parroquial, de finais do s.XII, é de estilo románico. Conta con nave única cuberta a dúas augas. O frontis posúe unha porta con dobre arco de medio punto. No interior conserva un retablo barroco

Renche, Santiago de

163 habitantes agrupados nas entidades de Lastres, Lourido Grande, Renche, Toca e Vigo do Real. Nunha bula papal do ano 1175 faise mención a esta parroquia adherida ó mosteiro de Samos. .

Romelle, San Martiño de

33 habitantes agrupados nas entidades de Paraxuá, Romelle e Vilameá. En tempos do Papa Alexandre II aparece mecionada esta parroquia nunha bula papal como pertencente a abadía samonense. Nesta parroquia atopóuse un anel visigótico do s.VI ou VII, hoxe conservado no Museo Arqueolóxico Nacional

Samos, Santa Xertrude de

209 habitantes distribuídos nas entidades de Cuíñas, Ferrería, Foxos e Samos -capital municipal. Destaca a presenza da Real Abadía de Samos, a quen vai ligada toda a historia do municipio, servindo de hospedería ós peregrinos que chegaban polo Camiño Francés. O templo está precedido por unha escalinata. Posúe dous claustros; o das Nereidas e o de Feijoo. Tamén de interese atopamos a Capela de San Salvador ou do Ciprés, de estilo prerrománico,datada entre os séculos IX e X..

Santalla, San Xosé de

79 habitantes distribuidos nas entidades de Casares, Casela, Gamiz, Parada, Santalla e Vilar de Robledo. Esta parroquia conta con interesantes exemplos da arquitectura tradicional da zona nos lugares de Parada e Santalla de Abaixo. A igrexa parroquial de estilo románico está realizada en sillares de granito, o que non é frecuente nesta zona.

Suñide, Santa María de

73 habitantes agrupados nas entidades de Francos, Guisalle, Outeiro de Castrocán, Piñeiro, Suñide, Venta de Córneas e Vileiriz

Teivilide, San Xoán de

58 habitantes nunha soa entidade do mesmo nome.

Zoo, Santiago de

52 habitantes agrupados nas entidades de Furela e Zoo.