Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Na actualidade

imagen


O Concello de Samos forma parte das estribacións das serras orientais de Galicia. Intégrase na comarca de Sarria, limitando ó norte cos concellos de Sarria e Láncara, ó sur cos de Pobra do Brollón e Folgoso do Courel, polo leste linda co concello de TRiacastela, e polo oeste co de Incio. Poden apreciarse tres zonas ben diferenciadas: a central, zona de asentamento das poboacións máis importantes; a zona norte, máis aberta e con terras en pendente e suaves lombas, e Lóuzara, a zona sur cunha paisaxe bravía chea de montañas e vales.

O seu termo municipal conta con 1897 habitantes distribuidos en 24 parroquias que ocupan unha superficie de 136 qm². Samos experimentou un despoboamento progresivo que chega a ser alarmante xa que perdeu case dous terzos da poboación coa que contaba en 1930: un verdadeiro éxodo rural. Pero como amosan as estatísticas, esta emigración diminúe a partir do ano 1960.

Bordean o seu territorio tres serras: a de Lóuzara, Monte Oribio e Albela. A maior altitude no municipio atópase na serra do Oribio, a 1.443m. Fronte as Serras constrastan os profundos vales e a rede fluvial cos ríos Lóuzara e Lor. O río Lóuzara, que verte as súas augas no río Lor, despois de serpentear por todo o val que lle da nome, conforma un dos lugares paisaxísticos mási hermosos da Galicia interior.

A vertente occidental capitanéaa o río Sarria, que deixa as súas augas no Neira es este transportáas polas terras paramesas ó Miño.

Climatolóxicamente Samos presenta un clima rudo, de invernos fríos con frecuentes xeadas, froito da súa elevada altitude e a súa lexanía da costa. Son abundantes as precipitacións agás os meses de Xullo e Agosto, sendo a temperatura media anual de entre 9 e 10º.

Predomina na economía de Samos o sector primario, tendo un peso moi importante a gandaría fronte ó pouco aproveitamento dos cultivos, debido principalmente pola impropia orografía cun relevo moi accidentado. Neste sector ocúpase o 85% da poboación. A cabana gandeira está dominada polo gando vacún, que duplica ó porcino en número de cabezas.
Na rama industrial somentes atopa ocupación un 4% da poboación activa, mentres que o sector comercial presenta un repunte nos últimos anos, concentrándose na capital municipal.

Toda a historia de Samos está íntimamente ligada ó Mosteiro. Mesmo o seu nome primitivo, Samanos, que segundo o Padre Sarmiento significa unha comunidade religiosa.

O mosteiro é un inmenso edificio; posúe dous claustros, construídos nos s.XVI. A igrexa é monumental, a súa construcción data do s.XVIII, baixo a dirección dom estre JUan Vázquez.

O mosteiro afilióuse a orde de San Bieito de Valladolid por decición dos Reis Católicos. Esta impresionante construcción, sofreu ó longo da historia toda clase de vicisitudes: incendios, desamortización, etc, para seguir sendo lugar de referencia na peregrinaxe a Santiago, e mantendo intacta a súa historia inacabable e a súa beleza sen igual.