Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Axenda de Eventos do Colexio

Eventos

01-01-1970 - 01-01-1970
Festa da Castaña en Paredes de Lóuzara
A parroquia samonense acolle a novena edición da Festa da Castaña organizada por José Antonio López. Os festexos dan inicio no mediodía cunha misa no campo da festa, seguida da lectura do pregón. A continuación os asistentes poden desgustar de xeito gratuito castañas e liscos. As actividades a desenvolver dentro da xornada festiva inclúen unha demostración da antiga arte de abanduxar castañas e cortar madeira coa serra de aire. Na noite celébrase unha verbena popular e un sorteo de diversos premios.






01-01-1970 - 01-01-1970
Feiras no municipio de Samos
As feiras na capital municipal desapareceron hai tempo. Hoxe perviven no termo municipal de Samos as feiras de Castroncán, os días 4 de cada mes, e a de Lóuzara, que ten lugar nos días 17 de cada mes.






01-01-1970 - 01-01-1970
BUXIGANGA

Buxiganga é un proxecto teatral da Área de Cultura da Diputación Provincial de Lugo que se realizará en Samos o dia 11-07-09 coa obra "Pinto Pinto Gorgorinto" do grupo Achádego, e o día 09-08-09 coa obra "Fobias con amor" de Francisco Piñeiro. Estas obras representaranse as 17 h no campo da festa de Samos.








01-01-1970 - 01-01-1970
Festas patronais
As festas de San Xulián e Santa Basilisa (11 de Xaneiro) e as de San Bieito(9 de Xullo) conforman as festas patronais do municipio de Samos. Hai no concello outras festas e romarías de gran sona, como son as de Antroido; a romaría dos Santos Mártires (9 de Xaneiro); romaría de San Roque (16 de Agosto) en Santalla; romaría de San Mamede no mes de Agosto, no Couto; romaría de San Víctor (28 de Agosto) no Real. As festas continúan a ser un ponto de encontro para veciños e alleos. A revitalización que logrou este concello coas súas festas e digna de salientar, incitando a xuntanza veciñal, non só a través do senso relixioso das mesmas, senón cunha forte presenza da parte folclórica e gastronómica, sen dúbida un importante acicate turísitco para visitar Samos. O longo das 24 parroquias que compoñen o concello celébranse as festas parroquiais, forzando un rexurdimento das costumes tradicionais.