Idioma : galego
Portal Web sobre Samos e o Camiño de Santiago


 

Axenda de Eventos do Colexio

Festas patronais

foto As festas de San Xulián e Santa Basilisa (11 de Xaneiro) e as de San Bieito(9 de Xullo) conforman as festas patronais do municipio de Samos. Hai no concello outras festas e romarías de gran sona, como son as de Antroido; a romaría dos Santos Mártires (9 de Xaneiro); romaría de San Roque (16 de Agosto) en Santalla; romaría de San Mamede no mes de Agosto, no Couto; romaría de San Víctor (28 de Agosto) no Real. As festas continúan a ser un ponto de encontro para veciños e alleos. A revitalización que logrou este concello coas súas festas e digna de salientar, incitando a xuntanza veciñal, non só a través do senso relixioso das mesmas, senón cunha forte presenza da parte folclórica e gastronómica, sen dúbida un importante acicate turísitco para visitar Samos. O longo das 24 parroquias que compoñen o concello celébranse as festas parroquiais, forzando un rexurdimento das costumes tradicionais.