|
|
|
O CONCELLO
O Municipio
Qué Visitar
Servizos ó cidadán
|
Axenda
Festa da Castaña en Paredes de Lóuzara
A parroquia samonense acolle a novena edición da Festa da Castaña organizada por José Antonio López. Os festexos dan inicio no mediodía cunha misa no campo da festa, seguida da lectura do pregón. A continuación os asistentes poden desgustar de xeito gratuito castañas e liscos. As actividades a desenvolver dentro da xornada festiva inclúen unha demostración da antiga arte de abanduxar castañas e cortar madeira coa serra de aire. Na noite celébrase unha verbena popular e un sorteo de diversos premios.
|